MANIFESTO FEMINISTA
26 DE XUÑO DE 2021

A FAVOR DA AXENDA FEMINISTA, CONTRA AS LEIS TRANS

ENGLISH VERSIONVERSION FRANÇAISEVERSIONE ITALIANACATALÀEUSKARAGALEGOVALENCIÀ

O retroceso na protección dos noso dereitos como mulleres é xa desgraciadamente unha realidade incontestábel. A ofensiva da alianza entre o patriarcado e o capitalismo neoliberal contra as mulleres en xeral, e contra o movimento feminista en particular, está chegando a unha situación criminal tanto no noso estado coma no  resto do mundo, subvertendo todas as nosas reivindicacións e penetrando en todo o noso ordenamento xurídico. 

A nosa análise é clara: quen dicían ser o nosos aliados e se autodenominan “o goberno máis feminista da Historia” están a transformar as leis contra a axenda feminista pola que loitamos durante os últimos 300 anos. Ante a inacción cómplice da presidencia do Goberno, o ministerio de Igualdade ignorou e desprezou ao movemento feminista, promovendo leis contra as mulleres. Amais, independentemente da cor política, están a utilizarse os parlamentos autonómicos como portas traseiras para transformar todas as leis sobre as que teñen competencias, facendo aumentar a desprotección e afianzando o retroceso en materia de violencia, dereitos sexuais e reprodutivos e discriminación material e simbólica das mulleres en todo os ámbitos, así como sobre os dereitos máis básicos da infancia e da adolescencia.

Isto fixo que o movemento feminista tome as rúas hoxe para esixir tanto ao goberno central como aos autonómicos:

O CUMPRIMENTO ÍNTEGRO DA AXENDA FEMINISTA
E A PARALIZACIÓN E DEROGACIÓN DAS LEIS TRANS

Si, en plural, leis trans, porque inclúen toda a normativa que substitúe a categoría xurídica “sexo” por “identidade de xénero”. A cal pretende ser ampliada mediante as coñecidas como Lei Trans, Lei LGTBI e Lei Zerolo, a piques de entrar no Parlamento, que introducen a  criminalización das persoas que, no exercicio do seu dereito fundamental á liberdade de expresión, defendan o uso das palabras muller, nai ou vulva, ou se “equivoquen” no uso dos pronomes, impoñendo multas de ata 150.000 euros. Liberdade de expresión que xa foi coartada noutros lugares, como é o caso de Escocia, onde asistimos, a principios de xuño, á detención e apertura de xuízo contra Marion Miller polo simple feito de publicar en Twitter un lazo das sufraxistas. De mulleres sufraxistas.

Nesta liña, esiximos a derogación de todas as normas ou a parte delas que atenten contra os dereitos das mulleres e da infancia, así coma contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas, como é o caso da Lei Rhodes (de protección á infancia contra a violencia), recentemente aprobada, e algunhas disposicións da Lei Celaá (de educación), que xeran confusión respecto á obrigatoriedade de educar en IGUALDADE, sen terxiversar o seu significado en termos de “diversidade”, como xa está a ocorrer.

Amais, esiximos a derogación da normativa trans autonómica composta, entre outras, por 15 leis de “autodeterminación de xénero”, 14 protocolos educativos e 15 protocolos sanitarios, que está a permitir, aínda sen existir unha lei estatal que recoñeza o dereito de autodeterminación do sexo, a implantación de políticas educativas sexistas, a vulneración dos dereitos das mulleres baseados no sexo (permitindo o acceso de homes aos nosos espazos e falseando as estatísticas) e a hormonación infantil indiscriminada. E isto a pesar de que en países da nosa contorna (como Reino Unido, Suecia ou Finlandia) que xa aprobaron estas leis, estean a dar marcha atrás e prohibindo o uso de bloqueadores da puberdade polos seus irreversibles e nocivos efectos secundarios. 

En fin, denunciamos e indignámonos ante o uso da normativa trans para que violadores e asasinos entren en prisións de mulleres. Non podemos deixar de facer mención ao asasinato de Vanesa Santana en Fuerteventura, cuxo violador e asasino, Jonathan Robaina,  autodeterminouse muller o primeiro día do xuízo (apenas tres días despois de que se aprobase por unanimidade a Lei Trans no Parlamento Canario), o que, de non ser polo equipo de forenses que, contravindo a normativa autonómica de afirmación da “identidade de xénero”, negou a existencia de disforia de xénero, teríase traducido, unha vez máis, no traslado dun violador e feminicida a un módulo de mulleres ao amparo da Instrución 7/2006 e a Lei  trans 3/2007, coa consecuente posta en perigo da integridade das reclusas. Algo que dende o Ministerio de Igualdade e o resto do Goberno negouse ata a saciedade que as leis trans permitisen. “#EstoNoIbaAPasar” –dicían-, pero pasou..

NESTE ESCENARIO, ANTE A OFENSIVA DIRIXIDA DESDE AS INSTITUCIÓNS  CONTRA OS DEREITOS DA METADE DA POBOACIÓN E AS EVASIVAS DO GOBERNO, ESTE #26J, O MOVEMENTO FEMINISTA VOLVE A ENCHER AS RÚAS DE DIGNIDADE PARA ESIXIR PUBLICAMENTE:

  • A MODIFICACIÓN E AMPLIACIÓN DA LEI DE VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES CON TODOS OS SUPOSTOS, PROTOCOLOS, MEDIDAS E FINANCIAMENTO ADECUADOS PARA LOITAR DE FORMA EFECTIVA #ContraElTerrorismoMachista. 
    #NiUnaMás #NiUnaMenos #VivasNosQueremos #ContraLaViolenciaMachista #ContraLaViolenciaVicaria
  • LA APROBACIÓN DUNHA LEI ABOLICIONISTA DA PROSTITUCIÓN QUE PROHIBA TODO ACCESO SEXUAL ÁS MULLERES POR PREZO: UNHA LEI DIGNA DUNHA SOCIEDADE DEMOCRÁTICA E NON UN SIMULACRO DE PERSECUCIÓN DA EXPLOTACIÓN SEXUAL COMO A LEI DE TRATA QUE SE DEBATERÁ EN BREVE NO CONGRESO.
    #LeyAbolicionistaYa #ContraElSistemaProstitucional #AboliciónProstitución #AboliciónPornografía #ProstituciónEsEsclavitud #NiSexoNiTrabajo #LaViolaciónNoEsFicción
  • A DEROGACIÓN DA INSTRUCIÓN DO MINISTERIO DE XUSTIZA QUE PERMITE O REXISTRO EN ESPAÑA DE BEBÉS NADAS/OS DA EXPLOTACIÓN REPRODUTIVA DE MULLERES EMPOBRECIDAS DOUTROS PAÍSES. 
    #STOPVientresDeAlquiler #STOPtráficodebebés #STOPtráficodeóvulos #NoSomosVasijas #NoALaExplotaciónReproductiva
  • E O FIN DA TRAMITACIÓN DAS LEIS “TRANS” QUE BORRAN ÁS MULLERES E DESTRÚEN OS NOSOS DEREITOS, OS DA INFANCIA, OS DAS PERSOAS HOMOSEXUAIS E OS DAS PERSOAS QUE SOFREN DISFORIA DE XÉNERO, ASÍ COMO A DEROGACIÓN DE TODOS OS ARTIGOS QUE INTRODUCEN A AXENDA  QUEER NO NOSO ORDENAMENTO XURÍDICO
    #NoLeyesTrans #NoAutoIDGénero   #SexoNoEsGénero #LeyesTransSonMisoginia #SerMujerNoEsUnSentimiento #NoALaHormonaciónyLaMutilaciónDeMenores #LaInfanciaNoSeToca #StopModasCriminales

Esixencias ás que non podemos deixar de sumar a DENUNCIA DO PACTO DE SILENCIO QUE IMPIDE QUE SE ESCOITEN AS VOCES CRÍTICAS DAS FEMINISTAS E DE MULTITUDE DE VOCES EXPERTAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN PÚBLICOS, ANTE A OFENSIVA QUE DESTRÚE OS NOSOS DEREITOS, E A CONIVENCIA DESTES COA PROPAGANDA DA AXENDA QUEER, FINANCIADA POLOS LOBBIES FARMACÉUTICOS E ECONÓMICOS DAS GRANDES CORPORACIÓNS INTERNACIONAIS

Mulleres, compañeiras, irmás, o feminismo está en marcha e a Historia demostrounos que a loita serve e é imprescindible. Feito que tivemos ocasión de volver a comprobar recentemente ó coñecer o fallo do Tribunal de Apelación Laboral en favor de Maya Forstater, un ano e medio despois de ser despedida do Centro para o Desenvolvemento Global do Reino Unido, por tuitear e escribir sobre as implicacións da autodeterminación de sexo para os dereitos das mulleres. 

ESTE #26J :

O MOVEMENTO FEMINISTA VOLVE A ELEVAR A SÚA VOZ CENTENARIA PARA PROCLAMAR QUE:

#NoNosCallarán

#NoNosBorrarán

#NoPasarán

PORQUE XUNTAS SOMOS INVENCIBLES E NON PARAREMOS ATA CONSEGUIR A LIBERDADE:

¡VIVA A LOITA DAS MULLERES!

¡VIVA A LOITA FEMINISTA!